Fer López ofrece a súa primeira entrevista a Celta Media despois de renovar por catro tempadas máis con “o club da súa vida”. Unhas declaracións nas que o canteirán quixo mostrar o seu agradecemento a todas as persoas que lle axudaron a chegar ata aquí. A importancia da súa familia, de Claudio Giráldez ou dalgún dos seus ídolos, como Iago Aspas, son algúns dos temas que trata, sen esquecerse de dedicarlle unha bonita mensaxe a unha afección que define como “brutal”. Non te perdas a entrevista completa!