101_16-9
Celtismo

Celebra os 101 anos do RC Celta como abandeirado do celtismo!

RC Celta

O próximo 23 de agosto, o RC Celta celebrará o seu 101 aniversario ao grande. Durante o partido contra o Valencia CF, correspondente á Xornada 2 de LALIGA EA Sports, en lugar dos habituais abandeirados infantís, o club contará con 101 celtistas que ondearán a bandeira celeste en Abanca Balaídos. Unha representación que estará formada por peñas, afeccionados con calquera modalidade de carné celtista, empregados e todos aqueles a os que lles percorra sangue celeste polas veas.

Como participar?

Se queres ser un dos abandeirados e formar parte desta celebración única, só tes que subir un vídeo AQUÍ explicando por que deberías ser elixido. O prazo para participar estará aberto ata o luns 19 de agosto pola mañá, momento en que se anunciarán os gañadores.

É importante lembrar que ser abandeirado non inclúe entrada ao partido, polo que ao terminar, cada celtista participante deberá acudir ao seu asento habitual se é abonado ou ao sinalado no seu ticket de compra.

O RC Celta confía en que esta iniciativa, xunto con outras sorpresas preparadas para a data, sexa acollida con entusiasmo por toda a afección. O único obxectivo do club é que celebremos xuntos, na nosa casa, con orgullo, afouteza e corazón, estes 101 anos de celtismo. Vémonos en Abanca Balaídos, celtistas!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas