Andrés Antañón, xogador do Celta Fortuna, gozará da súa segunda experiencia internacional coa Selección Española. Tras o seu debut coa sub-17 o pasado curso, o canteirán celeste prepárase agora para adestrar co combinado sub-18 en L’Alfàs do Pi, Alacante, do 26 ao 29 de agosto.
Esta convocatoria supón un novo recoñecemento ao continuo traballo que o RC Celta realiza co fútbol base e a canteira; todo un orgullo para o club ver aos seus xogadores en eventos e concentracións internacionais desta envergadura.
Parabén, Andrés!