Hugo Chamadoira, xogador do Cadete, gozará da súa segunda experiencia internacional coa Selección Española. Tras o seu debut coa sub-14 o pasado abril, o dianteiro celeste prepárase agora para adestrar coa sub-15 en L’Alfàs do Pi, Alacante, do 26 ao 29 de agosto.
Esta convocatoria supón un recoñecemento máis ao continuo traballo que o RC Celta realiza co fútbol base e a canteira; todo un orgullo para o club ver aos seus xogadores en eventos e concentracións internacionais desta envergadura.
Parabén, Hugo!