20240921_FortunaVsUnionistas-45
Celta Fortuna

Empate sen goles en Abanca Balaídos | Celta Fortuna 0 – 0 Unionistas de Salamanca

RC Celta

O Celta Fortuna continúa sen atopar a vitoria, esta vez, ante o Unionistas de Salamanca en Abanca Balaídos.

A falta de puntería foi o principal quebradizo de cabeza para os de Fredi Álvarez que foron claros dominadores do encontro pero non conseguiron facerse cos tres puntos. Nesta quinta xornada de competición, o filial celeste foi de menos a máis ante un Unionistas que, na primeira metade, puxo en apuros á zaga celeste coas chegadas de Gorka Santamaría e Rabadán.

Mellores sensacións para o Celta Fortuna na segunda parte do partido na que continuamente atacaban a portería contraria. Tentouno Óscar Marcos, no minuto 50, que a punto estivo de subir o primeiro tanto ao marcador. Tras él, unha e outra chegada, de Tincho ou Iván Garriel, que poñían en serios apuros ao gardameta salmantino, Iván Martínez. Co Unionistas completamente pechado na súa área, os esforzos do conxunto de Fredi Álvarez desvanecíanse unha vez cumprido o tempo do partido.

Empate a cero pero coas boas sensacións de ser claramente superiores ao rival cun equipo renovado e con varios xogadores en etapa xuvenil que, semana a semana, seguen demostrando a súa evolución e a súa capacidade.

A seguinte cita no calendario de Primera Federación versus e-Learning enfrontará ao Celta Fortuna e ao Bilbao Athletic o vindeiro domingo, 29 de setembro ás 12:00h., no estadio Santa María de Lezama (Bilbao).

FICHA TÉCNICA:

0 – Celta Fortuna: Marc Vidal; Tincho, Gael Alonso (min.46, Pablo Meixús), Yoel Lago, Manu Fernández, Garriel (min. 62, Sergio Díez); Miguel Román, Dela (min. 85, Miguel Conde); Emi Rodríguez (min. 62, Arcos), Fer López e Óscar Marcos (min. 78, Iago Barreiros).

0 – Unionistas de Salamanca: Iván Martínez; Aitor Pascual, Carlos García, Imanol Baz, Vergés; Iñaki González (min. 62, Tur), Rabadán; Pau Martínez (min. 69 Álvaro Gómez), De la Nava, Arriba e Gorka Santamaría (min. 62, Iván Moreno).

Árbitro: Víctor Pérez Peraza (Comité Canario). Por parte do Celta Fortuna, amoestou con cartón amarelo a Dela e a Miguel Román, mentres que por parte do Unionistas, foron amoestados Aitor Pascual e Imanol Baz.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 5 do Grupo I de Primera Federación versus e-Learning disputado no estadio Abanca Balaídos ante 2.000 espectadores.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna

Noticias recomendadas