Joseph Aidoo convértese no xogador nado en África con máis partidos disputados no RC Celta. Na pasada Xornada 5 de LALIGA EA SPORTS, disputada en Abanca Balaídos ante o Real Valladolid, sumaba o seu encontro número 136 defendendo a camiseta celeste. Desta maneira, o defensa ganés supera a Pione Sisto, Benni McCarthy e a Makélélé.
“Pepiño” alcanza un novo fito dentro do club sendo ademais, un dos xogadores máis queridos entre a afección celeste que, precisamente neste encontro, recibíano entre unha emotiva ovación debido á súa volta á competición tras a lesión que o mantivo afastado do terreo de xogo durante nove meses.