Iago500 16-9
Primeiro Equipo

A lenda de Iago Aspas continúa e suma 500 partidos oficiais co RC Celta

RC Celta

Aquel neno de Moaña que soñaba con ser futbolista do primeiro equipo do RC Celta. Aquel Príncipe das Bateas que, aos poucos, converteuse en Rei. Aquel xenio difícil de definir pola súa maxia, o seu dominio e as súas clases maxistrais sobre o terreo de xogo. Don Iago Aspas Juncal segue agrandando a súa lenda e alcanza os 500 partidos oficiais co RC Celta.

Convértese así no segundo xogador na historia do club celeste en disputar o medio milleiro de encontros, só por detrás de Manolo, “O Gran Capitán”, que suma 533.

Todo un exemplo para o RC Celta e a súa canteira, motivo de orgullo e emblema do club celeste. Iago Aspas debutaba co primeiro equipo, en xuño de 2008, ante o Salamanca. Hoxe, 16 anos despois, o Atlético de Madrid foi testemuña dunha fazaña máis dun futbolista chamado a converterse en lenda. Abanca Balaídos ovacionaba e homenaxeaba a un xogador único que tantas alegrías e emocións fíxonos vivir. Unha afección posta en pé orgullosa e agradecida por un xogador que leva o escudo celeste cravado na alma.

Príncipe, rei, xenio, lenda… simplemente, Iago Aspas.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas