Aspas_20goleadorLaLiga_16x9
Primeiro Equipo

Iago Aspas, vixésimo máximo goleador da historia de Laliga

RC Celta

Iago Aspas suma un novo récord ao seu xa dilatado repertorio. Tras o tanto anotado en Abanca Balaídos ante o Girona FC, o de Moaña posiciónase en solitario como o vixésimo máximo goleador da historia de Laliga.

Son 159 os goles que o capitán celeste marcou na máxima categoría do fútbol español, dous deles na súa etapa no Sevilla FC na tempada 14/15, por tanto, adianta a Aduriz e a Puskas nesta clasificación. Unha clasificación histórica na que Iago Aspas podería seguir escalando posicións xa que se atopa a tan só dous tantos de Luis Aragonés e a catro de Samuel Eto’o.

O Top 10 desta lista lidérano Messi con 474 goles, Cristiano Ronaldo con 311 e Telmo Zarra con 254. De feito, este último xogador dálle nome ao trofeo que cada ano recoñece ao máximo goleador español de Laliga, co cal Iago Aspas é o máis premiado acumulando 5 galardóns.

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas