20240823_PartidoAdri_HugoAlvarez-716
Primeiro Equipo

Hugo Álvarez, convocado coa selección española Sub-21

RC Celta

Hugo Álvarez, xogador do RC Celta, foi convocado por primeira vez coa Selección Española Sub-21.

O seleccionador español, Santi Denia, incluíu ao canteirán celeste na lista de convocados para que se una ao combinado español na Fase de Clasificación para o Europeo de Eslovaquia 2025 nos partidos ante Kazajistán e Malta que se disputarán os días 10 e 15 de outubro, respectivamente.

Unha convocatoria que supón todo un recoñecemento para o rendemento que o xogador demostrou ao longo da súa traxectoria deportiva e, sobre todo, no inicio desta tempada no que se unía ao primeiro equipo do RC Celta onde xa anotou un gol na vitoria celeste ante o Real Valladolid en Abanca Balaídos.

Parabéns, Hugo!

RC Celta

Etiquetas

Primeiro Equipo

Noticias recomendadas