O enfrontamento entre o Gimnàstic de Tarragona e o Celta Fortuna, correspondente á Xornada 11 de Primeira Federación, xa ten novo horario.
Tras a suspensión do partido, inicialmente programado para o pasado 2 de novembro ás 16:30h, a Federación marcou unha nova data. Cataláns e galegos veranse as caras no Nou Estadi Costa Daurada o vindeiro luns 27 de novembro ás 19:30h.