O RC Celta e o FC Barcelona repartíronse os puntos tras un rifado encontro ante máis de 24.500 celtistas. Os pupilos de Claudio Giráldez lograron sobrepoñerse este sábado en Abanca Balaídos a un 2-0 dos de Hansi Flick nun final de infarto protagonizado pola canteira celeste.
Coa mellor entrada do curso en casa (24.573 afeccionados) e a banda sonora Abraham Cupeiro, o choque entre celestes e azulgranas vestiuse de película. A actuación do lucense co seu carnix, evocou o espírito guerreiro dos antepasados Celtas como unha metáfora perfecta do que estaba por vir: paixón, tensión e xiros de guion propios de todo boa longametraxe de Ridley Scott.
Baixo esta premisa, o partido comezou cun RC Celta decidido, sólido e aguerrido. Con todo, o FC Barcelona, fiel ao seu estilo, aproveitou a súa primeira gran oportunidade para poñerse por diante. No minuto 15, Raphinha abriu a lata cun disparo preciso que adiantou aos visitantes durante os primeiros 45.
O guion apenas cambiou no segundo tempo. O Celta insistiu no seu plan, mantivo a súa proposta de xogo vertical e unha presión alta que complicaba ao Barça, pero os de Hansi Flick, co seu habitual pegada, ampliaron a vantaxe na súa primeira chegada da segunda parte. No minuto 61, Robert Lewandowski puxo o 0-2, afundindo a espada na ferida local.
O destino parecía escrito, pero os guerreiros celestes non estaban dispostos a renderse e tiraron de ADN Celta. Co partido ao bordo do desenlace, os pupilos de Giráldez aproveitaron a expulsión de Marc Casadó para intensificar a súa presión e reescribir o relato nos últimos compases. A cinco do final, Alfon reavivou a esperanza do celtismo cun gol que desatou a euforia en Balaídos e inspirou a Hugo Álvarez para, dous minutos despois, igualar o marcador cun golazo que desatou o delirio nas bancadas.
Un final de película para un partido de película que leva aos celestes a sumar un punto e a renovar a confianza de fronte o seu próximo compromiso, que terá lugar o sábado 30 de novembro ás 18:30h ante o RCD Espanyol no RCDE Stadium.
FICHA TÉCNICA:
2- RC Celta: Guaita; Javi Rodríguez, Starfelt, Marcos Alonso; Mingueza, Ilaix Moriba, Fran Beltrán (Hugo Sotelo, 75′), Hugo Álvarez; Bamba (Alfon González, 62′), Douvikas (Borja Iglesias, 75′), Iago Aspas.
2- FC Barcelona: Iñaki Peña; Koundé, Pau Cubarsí, Iñigo Martínez, Gerard Martín (Héctor Fort, 46′); Marc Casadó, Pedri (Fermín López, 75′); Raphinha, Dani Olmo, Gavi (Frenkie De Jong, min. 75); Lewandowski.
Goles: 0-1 Raphinha (15′); 0-2 Lewandowski (61′); 1-2 Alfon González (84′); 2-2 Hugo Álvarez (86′).
Árbitro: Soto Grado (comité riojano). Cartón amarelo aos locais Iago Aspas (45+2′), Javi Rodríguez (60′), Ilaix Moriba (90+3′) e Marcos Alonso (90+5′) e aos visitantes Gerard Martín (3′), Marc Casadó (75′). Ademáis, expulsou por dobre cartón amarelo a Marc Casadó (82′)
Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 de LALIGA EA SPORTS disputado en Abanca Balaídos ante 24.573 espectadores.