Fortuna-Tarazona
A Canteira

O filial celeste suma tres puntos nun partido de tolemia ante o Tarazona | SD Tarazona 2-3 Celta Fortuna

RC Celta

O Celta Fortuna logrou este domingo unha importante vitoria a domicilio na súa visita a Tarazona (2-3). Un dobrete de Jordi Escobar e un gol de Tincho Conde deron os tres puntos ao filial celeste nun partido moi traballado, cheo de vaivéns e con dúas expulsións.

A contenda comezou con bo pé para o Celta Fortuna, que dominou nos primeiros compases e adiantouse no marcador grazas a Jordi Escobar. O dianteiro celeste, polo momento máximo goleador da tempada, marcou a súa quinta e sexta diana na primeira metade. O primeiro tanto chegou no minuto 19, aproveitando un centro medido de Tincho, e o segundo no 36, tras un excelente pase de Miguel Román. Cun 0-2 no marcador e o control do xogo, os de Fredi parecían ter o partido encarrilado. Con todo, minutos antes da saída a vestiarios, o Tarazona reaccionou. Un penalti convertido no 39 e un gol de Chechu Martínez no 52 empataron o encontro antes do descanso.

Cun novo partido por diante, o Celta sabía que debía devolver o golpe canto antes e non tardou en retomar o control ao comezo da segunda metade. No minuto 47, Tincho, cun disparo colocado desde a frontal da área, marcou o 2-3 e devolveu a vantaxe aos celestes. A partir de aí, o equipo vigués replegó filas e dedicouse a defender o resultado ante un Tarazona que apostou polo xogo directo, colgando balóns á área con insistencia.

No último tramo de partido, a expulsión de Pradera permitiu ao Fortuna xogar cun home máis durante os seguintes minutos. Unha superioridade numérica que soubo a pouco para o filial celeste cando ao intre tamén foi expulsado Gael Alonso por dobre amarela. Con 10 en cada equipo, o partido mantívose aberto, con ocasións para ambos, pero o marcador non se moveu.

Así, o Celta Fortuna levou tres valiosos puntos que o asintan na metade da táboa e permítenlle coller impulso para o seu próximo compromiso, que terá lugar o mércores 27 de novembro ás 19:30h. O equipo de Fredi desprazarase a Tarragona para disputar o partido aprazado contra o Nàstic, coa intención de seguir sumando vitorias.

FICHA TÉCNICA:

2 – SD Tarazona: Fuoli, Camus, Chechu (Llácer, 78), Trilles, Vadik, Cubillas (Javi Martín, 11), Mena (Manu Rico, 64), Cedeño (Jannick, 64), Juan Rodríguez (Areso, 78), Fuentes e Pradera.

3 – Celta Fortuna: Marc Vidal, Tincho, Yoel, Gael, Manu Fernández, Gavián (Marcos, 77), Burcio (De la Iglesia, 22), Román, Fer López, Escobar e Emilio (Diez, 77).

Goles: 0-1, min. 20: Escobar. 0-2, min. 37: Escobar. 1-2, min. 41: Fuentes, de penalti. 2-2, min. 45+8: Chechu. 2-3, min. 47: Tincho.

Árbitro: Godia Solé (comité catalán). Amoestou a Trilles, Mena, Pradera. Expulsou ao local Pradera por vermella directa e ao visitante Gael Alonso por dobre amarela.

Incidencias: Partido correspondente á xornada 14 do Grupo I de Primeira Federación. Disputado no Estadio Municipal de Tarazona.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna Novas canteira Novas celta b

Noticias recomendadas