O RC Celta pechou a renovación de Hugo Álvarez nun ilusionante acordo que reforza o compromiso do club coa canteira. O carrilero, de 21 anos de idade, e Marco Garcés, director de Fútbol do RC Celta, estamparon hoxe na Cidade Deportiva Afouteza as súas firmas nun contrato que prolongará a vinculación do xogador co equipo celeste ata xuño de 2028.
Tras chegar ao club sendo tan só un neno, Hugo creceu defendendo a camiseta celeste, chegando a acumular entre filial e primeiro equipo máis de 6.900 minutos repartidos en 96 partidos. A súa contribución inclúe 11 goles e 11 asistencias, reflexo do seu talento e entrega no terreo de xogo.
Unha dedicación e evolución constante que non pasaron desapercibidas e permitíronlle subir de forma definitiva esta tempada ao primeiro equipo e recibir a súa primeira convocatoria coa selección nacional sub-21 o pasado mes de outubro.
Esta renovación reafirma o compromiso do RC Celta cun dos seus piares fundamentais, a canteira. O club quere desexarlle a Hugo moitos éxitos nesta nova etapa e agradecerlle o seu traballo, dedicación e tenacidade desde o primeiro día que se enfundó a camiseta celeste.
Parabéns, Hugo!