Do mesmo xeito que gozaba cando el era neno e comezaba a dar os seus primeiros pasos como porteiro, Sergio Álvarez agora goza formando aos máis novos porteiros que forman parte da Escola de Poteiros RC Celta que leva o seu nome.
O seu compromiso é máximo e nin o frío nin a choiva de A Madroa son impedimento para que todas as semanas acuda algún día para que os nenos poidan gozar da súa presenza e dos seus coñecementos baixo os paus.
Esta semana realizamos un sinxelo acto con todos os porteiros da Escola de Porteiros Sergio Álvarez para agradecer todos xuntos – organizadores, adestradores, pais e nenos – a Sergio a súa gran implicación na escola tanto a nivel formativo como a nivel persoal.
Ademais dos agradecementos á figura de Sergio, este tamén se dirixiu aos nenos para transmitir bos consellos e responder moitas preguntas de todos os presentes. E por suposto, puideron gozar dun un completo adestramento con Sergio a pé de campo transmitindo consignas.
“Gozar e aprender” son as palabras claves nas que Sergio fai máis fincapé nesta fase de formación, e o paso do tempo xa marcará ata onde poderá chegar cada un. Ao final todos os nenos fóronse cun sorriso e coa firma de Sergio nas súas pezas deportivas. E no próximo adestramento máis!
Aínda hai algunha praza dispoñible na escola, así que, calquera que poida estar interesado, que non dubide en consultar a información na web do RC Celta.