IAGO BARREIROS 16-9
A Canteira

Iago Barreiros, o xogador máis novo en marcar co Celta Fortuna

RC Celta

O domingo 8 de decembro quedará gravado na memoria de Iago Barreiros e do celtismo. Con tan só 16 anos, o dianteiro celeste converteuse a pasada fin de semana no xogador máis novo en marcar co Celta Fortuna. O novo talento de Ponteareas, que está en dinámica do filial celeste e xa debutou coa selección sub-17, volveu demostrar a súa calidade e potencial ao ver portería no fútbol senior.

O tanto, anotado no último partido dos de Fredi Álvarez fronte Barcelona Atlètic, chegou tras unha brillante xogada de Hugo Burcio, outra xoia da canteira, e foi reflexo do traballo colectivo e a excelencia individual. Burcio asistiu a Barreiros cun pase perfecto á interior da área, e o 34 celeste non desaproveitou a oportunidade.

Barreiros supera así a históricos como Pape Cheikh, Pablo Couñago, Yelko Pino e Gabri Veiga, quen se estreou como goleadores do filial con 17 anos. Este récord pon en valor o compromiso do RC Celta cun dos seus piares fundamentais: a canteira, e deixa claro, unha vez máis, que o éxito non é casualidade, senón froito dun traballo meticuloso e continuado.

Parabéns, Iago!

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Novas canteira

Noticias recomendadas