No partido ante o Athletic Club celebrado o pasado domingo en Abanca Balaídos, o RC Celta saltaba ao terreo de xogo cunha aliñación cargada de talento made in A Madroa. Foron sete os canteiráns presentes no once titular: Hugo Sotelo, Sergio Carreira, Borja Iglesias, Pablo Durán, Carlos Domínguez, Yoel Lago e Javi Rodríguez. Mentres que, ao comezo da segunda parte, saltaba ao terreo de xogo Hugo Álvarez coincidindo desta maneira 8 canteiráns xogando a un gradísimo nivel ante as máis de 22.000 persoas que presenciaban o encontro.
Unha situación que subliña o compromiso do club coa formación de futbolistas sendo A Canteira o piar fundamental para o desenvolvemento do RC Celta. Ademais, destaca o compromiso, calidade e competitividade que albergan as categorías inferiores da entidade.
Orgullo celeste!