O RC Celta e o Como 1907 acordaron o traspaso do dianteiro, Tasos Douvikas. O internacional coa Selección Grega inicia así unha nova etapa na súa traxectoria deportiva no conxunto italiano que milita na Serie A.
Tasos únese ao Como tras chegar á cidade olívica en agosto de 2023 procedente do FC Utrecht. En total foron máis 2.116 minutos, repartidos en 58 encontros, nos que o dianteiro defendeu o escudo celeste, achegando 18 goles e 4 asistencias.
O RC Celta quere agradecerlle a súa entrega e profesionalidade e desexarlle moita sorte e éxitos ao xogador de 25 anos nesta nova etapa que agora emprende.
Grazas, Tasos!