Iago Aspas recibe o alta un mes despois tras a rotura fibrilar do sóleo esquerdo que sufriu o pasado 5 de xaneiro no partido de Copa del Rey ante o Real Racing Club de Santander. Tras varias semanas de recuperación, o capitán celeste estará dispoñible para o próximo choque ante o Real Betis Balompié, que terá lugar mañá, 8 de febreiro, en Abanca Balaídos ás 14:00 horas.