3m
Novas destacadas

Marián Mouriño leva o Celta á Feira do Cocido de Lalín

RC Celta

Marian Mouriñou foi distinguida como Comendadora do Cocido de Lalín durante a 57º edición desta festa de Interese Turístico Internacional que se celebrou este domingo no Concello de Lalín. Este nomeamento recoñece o seu firme compromiso coas tradicións de Galicia, do mesmo xeito que pon en valor a importancia de preservar a nosa identidade.

Con esta distinción, a presidenta do RC Celta únese á prestixiosa lista de personalidades que foron recoñecidas polo seu apoio a unha das celebracións más arraigadas na nosa comunidade. Este ano foron nomeados ademais nove novos integrantes: Takahiro Nakamae (embaixador de Xapón en España); Arantza Sarasola Ormazabal (vicepresidenta do grupo Prensa Ibérica); Javier Moll de Miguel (presidente do grupo Prensa Ibérica); Acisclo Manzano (escultor); Paz Pérez Asorey (tenente de alcalde do Concello de Lalín); Francisco Conde (deputado no Congreso); Luis López Diéguez (presidente da Deputación de Pontevedra); Teresa Portela (piragüista e medallista olímpica) e Miguel Ángel Santalices Vieira (presidente do Parlamento de Galicia).

Desta maneira, o RC Celta reforza a súa conexión cunha terra tradicionalmente celtista, berce dunha das nosas peñas máis numerosa, Siareiros Dezaos.

A Feira do Cocido de Lalín é un evento gastronómico que destaca a riqueza culinaria e cultural de Galicia e, no ano 2020, converteuse na primeira festa gastronómica de España en ser declarada de Interese Turístico Internacional.

RC Celta

Etiquetas

Novas destacadas

Noticias recomendadas