O vindeiro sábado 8 de marzo disputarase en Abanca Balaídos unha dobre xornada co RC Celta – CD Leganés e o As Celtas – RC Deportivo de la Coruña B.
Celta – Leganés
O RC Celta e CD Leganés iniciarán o día nun partido que se disputará ás 14:00h. Será o primeiro choque onde os abonados da Bancada de Gol xa ocuparán as súas novas localizacións.
Debido a que o número de entradas á venda será menor polas obras desta última parte a reformar do estadio, os celtistas que queiran comprar entradas para este partido dispoñerán dunha venda exclusiva e preferente ata as 12:00h. do mércores 26/02, momento en que comezará a venda para o público xeral.
Ademais, todos aqueles que compren a súa entrada para este partido ata o mércores 5 de marzo, recibirán un código para obter unha entrada gratuíta para As Celtas – RC Deportivo de la Coruña B a través do email onde realizasen a compra ou ben na mesma despacho de billetes se a adquiren aí.
Compra xa as túas entradas AQUÍ!
As Celtas – RC Deportivo de la Coruña B
O seguinte partido da xornada enfrontará a As Celta e ao RC Deportivo de la Coruña B e disputarase ás 19.00h.
Os abonados e celtistas que queiran acudir a este encontro deberán facelo co seu carné entrando polas portas de Tribuna Alta e Baixa e Marcador Baixo.
O club quere puntualizar que ao coincidir dous partidos en Abanca Balaídos o mesmo día, os abonados deberán de acceder de forma independente aos mesmos e nos horarios fixados para cada un, non podendo permanecer dentro do estadio entre partido e partido.
Por outra banda, os afeccionados que queiran comprar entradas para este partido de As Celtas, poderán facelo por 10€ accedendo á compra a través da nosa web, AQUÍ.
Lembramos aos afeccionados do RC Deportivo de la Coruña, que para conseguir entradas de visitante deberán poñerse en contacto co seu club.
Vémonos, celtistas!