Abanca Balaídos albergará o próximo 8 de abril un evento sen precedentes: a Selección Española Feminina de Fútbol disputará a cuarta xornada da UEFA Women’s Nations League ante a selección de Portugal. Un encontro que xa está a xerar unha gran expectación ao tratarse da primeira vez que as vixentes campioas do mundo xoguen en Vigo.
O templo celeste será o escenario perfecto para unha partido clave para as aspiracións de La Roja nesta competición. O conxunto de Montse Tomé suma unha vitoria e unha derrota no que vai da Liga de Nacións e enfróntase a un dobre reto ante Portugal. Catro días antes visitarán o país veciño para disputar a terceira xornada da competición continental, polo que o encontro en Abanca Balaídos será crucial para tratar de encarrilar a clasificación co apoio de toda a afección galega.
Puro fútbol e pura emoción nun acontecemento que levará a cabo grazas á colaboración conxunta entre o RC Celta, a Real Federación Española de Fútbol, a Real Federación Galega de Fútbol, a Xunta de Galicia, a Deputación de Pontevedra e o Concello de Vigo.