20250227_FirmaConvenio_UniversidadVigo-22
O Club

O RC Celta e a Universidade de Vigo unen forzas para preservar o patrimonio histórico de Afouteza

RC Celta

O RC Celta e a Universidade de Vigo formalizaron un acordo de colaboración en relación aos restos arqueolóxicos atopados nos arredores da Cidade Deportiva Afouteza. A presidenta do RC Celta, Marian Mouriño, e o reitor da Universidade de Vigo, Manuel Reigosa, xunto coa vicerreitora Belén Rubio, participaron na firma do acordo nun acto institucional celebrado a pasada semana nas instalacións deportivas do club. Na reunión tamén estivo presente Edu Méndez, integrante da área de arqueoloxía da universidade que estará á fronte deste proxecto no Coto dos Mosquitos.

Durante o encontro, ambas as institucións destacaron a importancia da colaboración no estudo e tratamento que efectuarán, coa axuda de especialistas do MapasLab, un grupo de investigación do CIM-UVigo de carácter transversal e multidisciplinar, ao redor dos restos arqueolóxicos dun poboado neolítico da Idade de Bronce que apareceron en Mos e que ofrecen un importante valor histórico para a comunidade.  Ademais, realizouse un percorrido polas instalacións, no que se presentou o ilusionante proxecto de GS360, que engloba a ampliación e modernización da cidade deportiva, un espazo crave para o futuro do primeiro equipo, da canteira e As Celtas e que busca converterse en todo un referente do deporte galego.

Este acordo non só reforza o compromiso do RC Celta coa preservación da cultura e a historia de Galicia, senón que tamén pon de manifesto o compromiso da Universidade de Vigo coa investigación e o tratamento destes importantes descubrimentos. O persoal investigador da UVigo leva traballando nesta zona desde 2019, e desde entón atoparonse e catalogaronse máis de 4000 pezas, ás que agora se suman as achadas en Afouteza, que abriron paso á realización da que será a maior escavación galega nun xacemento deste tipo. A colaboración, que comeza con este acordo, proxéctase a longo prazo e augura novas iniciativas conxuntas entre ambas as institucións, así como aseguraron Marián Mouriño durante a firma desta nova alianza: “Encantados de ser veciños, creo que temos moito por compartir, non só neste proxecto, senón que faremos moitísima convivencia. Afouteza será un campus máis onde os universitarios nun futuro atoparán aquí a súa casa”; e Manuel Reigosa: “É un proxecto que terá moitas ramificacións e como institucións queremos dalo a coñecer á sociedade no seu conxunto. É un proxecto que pode quedar moi redondo, cunha futura musealización”.


RC Celta

Etiquetas

O Club

Noticias recomendadas