Oliveira_Dos_Cen_Anos_Celta_SHOT 13_0781
O Club

O RC Celta celebra a Reconquista de Vigo cunha camiseta especial inspirada no himno “Oliveira dos Cen Anos”

RC Celta

O RC Celta rende homenaxe a Vigo e á súa historia cunha camiseta edición especial con motivo da Reconquista. Inspirada no himno “Oliveira dos Cen Anos”, esta peza única recolle no seu deseño o orgullo e a identidade que unen ao club cos seus seareiros, a súa cidade e os seus símbolos.

O próximo luns, no partido oficial da liga fronte á UD Las Palmas, o equipo lucirá por primeira vez esta equipación especial. O característico celeste cede protagonismo por un día a unha camiseta que, baseada na estética da nosa “Oliveira dos Cen Anos”, recolle símbolos vinculados a Vigo. No peito, a camiseta amosa o escudo creado para o noso himno, unha creación simbólica que integra o escudo do Celta, o olivo coas súas “raíces de prata” e o castelo de San Sebastián. Na espalda, ondea a bandeira de Vigo, e no interior da camiseta agóchase o verso “Na ledicia son celeste, celtista non padecer”.

O escudo, os dorsais, o logotipo de Estrella Galicia en monocolor e os chevrones de Hummel preséntanse na camiseta cun elegante acabado aterciopelado. Para os dorsais, ademais, creouse unha tipografía exclusiva, desenvolvida especialmente a partir das formas e da estética do propio himno. Tamén se desenvolveu unha versión para porteiro, que segue a mesma liña estética e emocional.

O deseño, en negro e blanco, foi froito do traballo conxunto entre o RC Celta e Hummel, baixo a dirección creativa do equipo de Late Checkout, que xa participou na creación do vestuario do videoclip do himno dirixido por Antón Álvarez (C. Tangana). O lanzamento desta camiseta apóiase ademais nunha campaña visual a cargo do fotógrafo Javier Ruiz.

Esta edición especial, que se entrega cun embalaxe especial, sae á venda o próximo luns 31 cunha primeira tirada de 1.809 unidades, en referencia ao ano da Reconquista de Vigo polos seus cidadáns ante o exército napoleónico. Poderase adquirir nas tendas de Abanca Balaídos e A Sede e no ecommerce rio1923.gal, unha nova plataforma do club concebida para acoller proxectos e iniciativas vinculados á historia, a creatividade e á esencia cultural do RC Celta.

RC Celta

Etiquetas

Celtismo Novas club Novas destacadas O Club

Noticias recomendadas