“Levámonos tres puntos que nos fan dar un paso importante“. Estas son as primeiras verbas de Fredi Álvarez, adestrador do Celta Fortuna, tras a remontada ante a Gimnástica Segoviana en La Albuera. O técnico celeste fai balance dun encontro que sabían que sería moi difícil e esixente, onde o equipo demostrouse sólido. Destaca ademais o gran rendemento e crecemento que supoñen estes partidos para os xogadores nunha competición onde a clasificación demostra a gran igualdade que hai.
Non te perdas as súas declaracións completas!