16-9
RIO1923

“Libros con GOL”: fútbol e literatura danse cita no Salón Regio de A Sede

RC Celta

Con motivo da celebración do día do libro, o RC Celta acollerá o vindeiro xoves, 24 de abril ás 19:00h., no Salón Regio de A Sede un faladoiro que explorará os vínculos entre o fútbol e a literatura galega. Unha iniciativa do proxecto RIO1923 e que levará o título de “Libros con GOL”.

O acto busca poñer en valor o fútbol como fenómeno cultural e social, mostrando a súa vinculación coa creación literaria e a memoria colectiva. Trátase dun evento aberto ao público polo que o acceso será libre ata completar capacidade.

A actividade contará coa participación de:

Xaquín Núñez, coorganizador e moderador do acto; escritor e profesor universitario con raíces celtistas.
Sergio Álvarez, conselleiro do RC Celta, lenda do club vinculado ao mundo da cultura.
Álex Alonso, escritor e tradutor vigués, gañador do premio Torrente Ballester e finalista do XLI Premio Xerais de Narrativa 2025. Afeccionado do club desde pequeno, viu o seu primeiro partido na Bancada de Gol.
María Sabarís, xornalista afincada en Londres, colaboradora da CRTVG e fundadora da peña London Celtas.
María López Sández, académica da RAG, profesora da USC e autora de diferentes ensaios sobre a identidade, a paisaxe e a cultura galega.

Durante o acto tamén levará a cabo a presentación do libro “A gran final: Contos e contas do fútbol galego, recentemente publicado pola Editorial Positivas, unha obra que recolle diferentes relatos e perspectivas ao redor do deporte rei.

Libros con GOL” é un espazo que convida a reflexionar sobre como se fala, se vive e se escribe sobre o deporte en Galicia e desde o celtismo. Unha oportunidade para pensar no Celta, e no fútbol en xeral, como unha parte viva da cultura e da nosa literatura e xuntos debater e celebrar unha paixón que non se explica, únenos.

RC Celta

Etiquetas

RIO1923

Noticias recomendadas