
A pesar das dificultades meteorolóxicas a asistencia foi total todos os días e gozaron ao máximo dos adestramentos da man dos adestradores do RC Celta. Formación, diversión e convivencia que serviu para establecer novas relacións entre os nenos/as.
O mércores contouse coa presenza de Sergio Álvarez, que estivo moi pendente dos adestramentos dos porteiros e puxo o broche final á actividade na cerimonia de clausura coa entrega de diplomas para todos os participantes.
Ao mesmo tempo con sedes en A Guarda, Villalonga, Moraña e Ribadavia máis dun centenar de nenos/as puideron gozar da nosa metodoloxía de adestramento RC Celta noutras zonas da nosa xeografía galega.
En breve xa teremos en marcha as inscricións para os nosos Campus de Verán 2025 que o verán pasado foron un éxito total de participación.