Iago Aspas volveuno a facer e continua agrandando a súa lenda cun fito só ao alcance das grandes figuras que pasaron pola nosa liga. Co seu último tanto ante o Villarreal CF, “O Rei das Bateas” converteuse nun dos dez futbolistas na historia da Primeira División española que lograron anotar polo menos 9 goles en 10 temporadas consecutivas.
Unha lista encabezada por Gillermo Gorostiza que a completan outros grandes do fútbol como Telmo Zarra, César Rodríguez, o tamén céltico Pahíño, Alfredo Dei Stefano, Carlos Santillana, José María Bakero, Raúl González e Leo Messi. O capitán celeste entra desta maneira ao Olimpo das lendas do gol e demostra unha vez máis a súa calidade e olfacto cara á portería.
Máis aló dos números que son incuestionables, quedamos sen adxectivos para definir a un xogador cunha traxectoria e un sentimento tan profundo dentro do RC Celta. Motor e alma do conxunto celeste, Iago Aspas é toda unha lenda viva do fútbol español que continúa facendo vibrar a toda a afección cada vez que salta ao terreo de xogo.
- * Datos obtidos de @AfoutezaRCCelta