O RC Celta gañou ao Getafe por 2 goles a 1 no Coliseum, un estadio que por unha noite tornouse celeste.
Primeiro Borja Iglesias. Despois, non podía ser outro, tiña que ser el, o noso capitán, Iago Aspas.
Xuntos soñámolo. Xuntos pelexamos. Xuntos lográmolo.
Estamos en Europa.
Grazas, afección.
FICHA TÉCNICA:
1 – Getafe CF: Soria; Nyom, Duarte, Berrocal, Diego Rico; Arambarri (Juanmi, min. 60), Djené; Terrats (Ismael, min. 60), Uche (Coba, min. 85), Juan Iglesias; e Borja Mayoral (Bertug, min. 79).
2 – RC Celta: Vicente Guaita; Óscar Mingueza (Mihailo Ristic, min. 83), Javi Rodríguez, Carlos Domínguez,Marcos Alonso, Sergio Carreira; Fran Beltrán, Ilaix Moriba (Hugo Sotelo, min. 91); Iago Aspas (Fer López, min. 84), Alfon (Williot Swedberg, min. 73) e Borja Iglesias (Pablo Durán, min. 73).
Goles: 1-0, min. 11: Borja Mayoral. 1-1, min. 25: Borja Iglesias. 1-2, min. 80: Iago Aspas.
Árbitro: Juan Martínez Munuera (Comité Valenciano). Por parte do RC Celta, mostrou cartolina amarela a Iago Aspas (min. 82) e a Ilaix Moriba (min. 85). Mentres que por parte do Getafe CF, viron amarela Berrocal (min. 7), Diego Rico (min. 53) e Ismael (min. 85) e Duarte (min. 87) foi expulsado con vermella directa.
Incidencias: Partido correspondente á última xornada (38) de LaLiga EA Sports disputado no Coliseum ante 12.862 espectadores, máis de 4.000 celtistas.