O Celta Fortuna comeza a dar forma ao seu plantel para a tempada 2025/26 coa incorporación de varios novos talentos formados en casa. Un paso importante que simboliza o compromiso do RC Celta coa súa canteira, un dos piares fundamentais do club.
O primeiro en protagonizar este avance é Bernard Somuah. O club chegou a un acordo co Asante Kotoko SC para renovar a súa cesión con opción de compra. Tras unha tempada de crecemento desde a súa chegada o pasado agosto, Somuah non só seguirá vestindo de celeste, senón que pasará a ter ficha do Celta Fortuna, consolidando así a súa progresión en Primeira Federación.
Xunto a el, tamén darán o salto desde o Xuvenil ao filial Angeito Arcos e Pablo Gavián, dous xogadores que brillaron esta campaña e que están listos para asumir novos retos. Así como estano Ianis Tarba e o porteiro Marcos González Maestu, quen tamén terán ficha do Fortuna o próximo curso.
Estas incorporacións únense á xa anunciada renovación de Germain Milla, quen asinou por catro tempadas máis e formará parte do filial na 2025/26.
Todos eles representan o froito do traballo constante en A Madroa, onde se cultivan non só futbolistas, senón tamén os valores que identifican ao RC Celta, e a aceleración de procesos que impulsa o club.
O RC Celta quere agradecer a todos estes mozos “feitos en A Madroa” a súa dedicación e esforzo durante a presente campaña e desexarlles o maior dos éxitos.
Parabéns, xuvenís!