Celta Away 2025-26 Web
Novas destacadas

Unha camiseta con alma galega: así é o segundo equipamento do RC Celta para a tempada 25/26

RC Celta

O RC Celta lanza o seu segundo equipamento na que, por primeira vez na historia do club, a bandeira de Galicia é o elemento principal do deseño. Unha segunda pel para a tempada 25/26 que é todo un símbolo de identidade e que novamente renderá unha bonita homenaxe á nosa terra.

Esta camiseta presenta un deseño en mariño coa tradicional franxa da nosa bandeira en azul celeste e branco que no seu interior introduce a textura dunha onda facendo referencia á forza do mar e o salitre que baña as nosas costas. No corazón, como non podía ser doutra maneira, o escudo do RC Celta bordado reflicte a fortaleza dun sentimento. Mentres que, no interior do pescozo pódese ler o verso “Ondas do Mar de Vigo do trobador galego, Martín Códax. Na caluga, o trisquel simboliza a evolución dun club que está en continuo crecemento. No seu conxunto, trátase dunha peza que recolle á perfección a esencia dunha cidade mariñeira profundamente ligada ao mar como fonte de inspiración e estilo de vida.

Baixo o lema “Feito na Madroa”, a campaña de presentación deste segundo equipamento reivindica o orgullo de pertenza e pon o foco no talento que reside en A Canteira. Con cinco nomes que representan pasado, presente e futuro, os protagonistas que revelan este novo deseño son: Alejandro Lago (exxogador e lenda da Madroa); os xogadores do primeiro equipo, Hugo Sotelo, Damián Rodríguez, Yoel Lago; e o xogador do Celta Fortuna, Óscar Marcos. Unha posta en escena perfecta para presentar un equipamento co que seguiremos lucindo con orgullo as nosas raíces galegas levando a esencia da canteira celeste por bandeira.

Fabricada por Hummel, esta peza incorpora tecnoloxía Beecool®️, desenvolta cun tecido técnico estruturado con jacquard de alto rendemento, que combina fíos mates e brillantes para achegar profundidade visual e unha aparencia distintiva. A peza garante unha transpirabilidad avanzada, secado rápido e unha sensación constante de frescor e comodidade.

Este segundo equipamento para a tempada 25/26 xa está dispoñible nas tendas físicas do RC Celta en A Sede e Abanca Balaídos. Ademais, tamén se poderá adquirir en liña a través da web do club.

Non te quedes sen ela e leva a Galicia contigo cada vez que a vistas.

RC Celta

Etiquetas

Novas club Novas destacadas O Club

Noticias recomendadas