O RC Celta suma unha nova alianza estratéxica coa incorporación de VB Group como axencia oficial de viaxes do club para o próximas tres tempadas, ata a campaña 27/28.
Con este acordo, VB Group achegará servizos de transporte para os diferentes equipos do RC Celta, así como presenza publicitaria en Abanca Balaídos, na Cidade Deportiva Afouteza e en distintas accións vinculadas ao club. Ademais, esta nova axencia oficial de viaxes poñerá ao dispor do celtismo unha ampla gama de produtos e servizos relacionados coa mobilidade, como nos desprazamentos dos equipos celestes.
Carlos Salvador, director comercial do RC Celta, subliñou que para o club este acordo é “moi importante. VB Group é un socio de garantías cos mellores servizos e produtos a nivel internacional, polo que para nós é unha vantaxe competitiva o apostar por este tipo de propostas, que pensan, non só no club, senón tamén nos afeccionados”.
Pola súa banda, Jorge Espinós, director xeral de VB Group, destacou que este acordo “supón un gran reto. É a primeira vez que levamos a un equipo de Primeira División, e estrearnos nun ano tan grande como é este de acceso a Europa, é unha gran ilusión. Somos dúas empresas con xestión local, pensamento global e espírito familiar, e unirnos cunha entidade coa que a que compartimos valores, é para nós un orgullo”.
Nun curso no que as viaxes serán unha parte relevante da tempada, o RC Celta esta seguro de que esta alianza, da man dunha compañía española innovadora e punteira no seu sector, será todo un acerto.
Benvidos, VB Group!