WhatsApp Image 2025-07-15 at 20.33.07
Novas primeiro equipo

Derrota no primeiro test da pretempada | Celta 0-2 Famalicão

RC Celta

O Celta abriu a pretempada 25/26 cunha derrota por 0-2 ante o FC Famalicão na Cidade Deportiva Afouteza. Foi un encontro típico destas datas, con rotacións, ritmo irregular e minutos para moitos xogadores.

Na primeira metade, Radu salvou ao equipo no minuto 17; e Aspas e Jutglà intentaron adiantar aos celestes sen fortuna. Porén, foi o Famalicão quen abriu a lata no 41’, cun gol antes do paso polos vestiarios.

Xa na segunda metade, o Celta saíu ao terreo de xogo cun once completamente renovado. Pero estes 45 minutos comezaron como rematou a primeira parte, cun xerro de auga fría para os celestes. Nos primeiros compases, o colexiado sinalou penalti a favor do conxunto portugués, que non fallou desde os once metros e bateu a Iván Villar para asinar o 0-2. Tras isto, Mihailo tivo unha boa ocasión para recurtar distancias despois dunha falta cometida sobre Moriba, ao igual que Fran Beltrán, que tamén o intentou cun disparo lonxano; ambos sen éxito. O Famalicão, cómodo coa vantaxe, agardou polas súas opcións ao contragolpe e nos minutos finais rozou o terceiro, primeiro cun disparo ao pau e despois cunha nova chegada que se marchou fóra por pouco.

Co 0-2 rematou o primeiro test de pretempada para os celestes, que seguirán afinando detalles antes do próximo compromiso estival: o sábado 19 de xullo, ante o Sporting Clube de Braga.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas