O Celta segue acumulando minutos de rodaxe nesta pretemporada 2025/26 e aínda que os resultados non acompañan, si que melloran as sensacións.
O partido ante o SC Braga tivo dous tempos moi diferentes nos que puidemos ver a un Celta que foi de menos a máis. Os primeiros 45 minutos estiveron dominados polo conxunto local que soubo aproveitar os seus chegadas á área para xerar perigo. Proba diso foi o primeiro tanto de Gorby no minuto 21, mentres que, pouco despois unha intervención salvadora de Radu evitaba o segundo. O que non puido evitar o gardameta romanés foi que, pouco antes do descanso, o árbitro sinalase un dubidoso penalti co que esta vez si os portugueses poñerían o 2-0 no marcador.
Na segunda metade, Claudio Giráldez revolucionou o once e o sistema, e o equipo saltou ao terreo de xogo cunha marcha máis coa que rapidamente se fixeron co dominio do partido. Os celestes atoparon ritmo e verticalidade, e aos cinco minutos foron capaces de reducir distancias. Unha xogada mestra de Hugo Sotelo asistía a Jones O-Abdellaoui que cun tiro cruzado subía o tanto celeste ao marcador. O primeiro gol do noruegués coa camiseta celeste que demostra o seu gran crecemento e potencial nesta pretemporada. Precisamente, un tanto que conseguía cambiar o ánimo celeste, que se lanzou a por o empate liderado polo centro do campo, ata que a lesión de Fran Beltrán cortou o impulso. A partir dese momento, o Braga axustou a súa formulación, fíxose novamente co control e Diego sentenciou o encontro cun potente disparo desde a frontal no que nada puido facer Iván Villar.
A pesar da derrota, o Celta deu sinais moi positivos e o equipo continua traballando para atopar a súa identidade nesta pretemporada que apenas acaba de comezar. A seguinte cita será o martes, 22 de xullo ás 12:00 horas, ante o Nacional de Madeira na Cidade Deportiva Afouteza.
FICHA TÉCNICA
SC Braga: Lukas, Vitor, Moutinho, Zalazar, Laerbielke, Oliveira, Dorgeles, Horta, Arrey-Mbi, Gorby y Navarro. También jugaron: Tiago Sá, Bellaarouch, Carvalho, Niakaté, Lelo, Roger, El Ouazzani, Gharbi, Marques, Da Rocha, Diego, Chissumba, Nuno Matos e Vigidal.
Celta: Radu; Manu Fernández, Starfelt, Marcos Alonso; Óscar Mingueza, Damián, Ilaix Moriba, Mihailo; Pablo Durán, Hugo González e Hugo Álvarez. Tras o descanso: Iván Villar; Javi Rodríguez, Yoel Lago, Carlos Domínguez; Jones El-Abdellaoui, Fran Beltrán (Tincho, min. 67), Hugo Sotelo, Miguel Román, Sergio Carreira; Ferran Jutglà e Williot.
Goles: 1-0, min, 21: Gorby. 2-0, min. 35: Zalazar (P). 2-1, min. 51: Jones El-Abdellaoui. 3-1, min. 85: Diego.
Árbitro: Marcos Cacedo.