Carl Starfelt sofre unha rotura de grao I no bíceps femoral da súa perna esquerda, segundo revela a resonancia magnética que se lle realizou este luns no Hospital Ribeira Povisa. Estímase que o xogador, que se lesionou durante unha sesión preparatoria na Cidade Deportiva Afouteza, permaneza entre 3 e 4 semanas de baixa.
Ánimo, Carl!