carlosweb
Novas primeiro equipo

Carlos Domínguez: “Poder representar á miña cidade en Europa é unha ilusión enorme”

RC Celta

Carlos Domínguez atende ás cuestións dos medios de comunicación tras renovar co Celta ata 2028. O canteirán, que chegou ás categorías inferiores do club con tan só 12 anos, mostrou a súa alegría ao poder continuar defendendo o escudo celeste, “é o soño de toda unha vida que se fixo realidade“. Ademais, recalca a ilusión de poder representar á súa cidade en competición continental e lembra que “a ultima vez que estivemos en Europa cadrou que era recollebalóns en Abanca Balaídos e vivín os partidos no campo, polo que agora a ilusión é enorme“. Carlos Domínguez, alma e corazón celeste que revalidan a súa continuidade nun proxecto deportivo no que se sinte como na casa.

Non te perdas as súas declaracións completas!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas