O Xuvenil A arrinca esta fin de semana unha nova tempada na División de Honor Juvenil, e faio cun dos partidos máis esperados do curso: o derbi ante o Deportivo de La Coruña, que se disputará este domingo ás 11:15h. en A Madroa. Alberto Suárez, técnico do conxunto celeste, compartiu as súas sensacións sobre este inicio da competición e os obxectivos que se marca o equipo para esta nova etapa.
Consciente do reto que supón comezar a tempada cun duelo de máxima esixencia, Alberto móstrase optimista, “chegamos con moi boas sensacións. Cada semana somos mellor equipo e todos os xogadores chegan a un moi bo nivel“. Máis aló do resultado deste primeiro e igualado choque, Alberto Suárez ten claro cal será o obxectivo principal do conxunto dentro da estrutura do club, “seguir mellorando aos xogadores e achegalos ao fútbol profesional, e neste sentido temos exemplos dabondo de futbolistas en idade de xuvenil que o están facendo moi ben en Primera RFEF“. O resultado a un traballo diario que se apoia nun modelo compartido entre todas as categorías do Celta, unha conexión que é clave para o desenvolvemento dos novos futbolistas, “neste sentido todas as categorías imos da man“.
Finalmente, Alberto Suárez quixo mandarlle unha mensaxe á afección animándoos a achegarse á Madroa para apoiar ao equipo, “imos pasar moi ben, cun equipo que imos gozar véndoo xogar e con moitos futbolistas de moito talento que probablemente en pouco tempo vexámolos en Balaídos“.