20230924_CeltaFortunaVsArenteiro_Aficion (2)
A Canteira

O filial volve a Abanca Balaídos… Compra aquí a túa entrada para o Fortuna-Arenas!

RC Celta

O Celta Fortuna continua a súa andaina pola tempada 25/26 cun novo enfrontamento en casa, esta vez en Abanca Balaídos. Os pupilos de Fredi Álvarez inaugurarán o templo celeste este curso para medirse ante o Arenas Club.

As entradas para  este partido, correspondente á Xornada 4 de Primeira Federación, xa están dispoñibles, polo que se queres vir apoiar ao filial celeste o vindeiro domingo 21 de setembro ás 16:00h., xa podes facelo AQUÍ. As entradas están á venda desde agora mesmo en liña, por un prezo de 15 euros para adultos e 10 para nenos, pero tamén poderán comprarse nos despachos de billetes do estadio desde unha hora antes do encontro. 

Lembramos, ademais, que se contas con Carné Celtista, a entrada será de balde. 

Vémonos no segundo partido en casa da tempada para estrear Abanca Balaídos da mellor das maneiras.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Celta b Celta Fortuna Novas celta b

Noticias recomendadas