16-9
Primeiro Equipo

Iago Aspas iguala a Manolo como o xogador con máis partidos oficiais na historia do Celta

RC Celta

Iago Aspas continúa escribindo con letras douradas o seu nome na historia do Celta. Coa súa participación no encontro ante o Atlético de Madrid, O Rei das Bateas” alcanzou os 533 partidos oficiais defendendo a camiseta celeste, igualando así o récord que durante máis de 40 anos mantivo Manolo, “O Gran Capitán”.

Aspas e Manolo, dúas lendas que marcaron épocas distintas, pero que comparten un mesmo sentimento por este escudo. Durante décadas, o nome de Manolo estivo no máis alto da historia do club como o xogador con máis partidos disputados. Hoxe, esa testemuña recóllea Iago Aspas sobre o terreo de xogo de Abanca Balaídos. Nese momento, Manolo entregoulle ao dianteiro de Moaña unha camiseta como símbolo deste récord compartido e do respecto entre dous grandes referentes para o celtismo.

Iago Aspas suma así un novo fito na súa extraordinaria traxectoria no club ao que dedicou toda a súa carreira. Desde os seus inicios en A Madroa, pasando polo seu debut co primeiro equipo en 2008, ata converterse no máximo goleador histórico e un dos símbolos máis importantes do club, Aspas construíu unha carreira única baseada no seu compromiso, talento e amor por este escudo.

Grazas, Manolo. Grazas, Iago. Por facer historia, por representarnos e por ser o orgullo eterno do celtismo.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas