Andrés Antañón, xogador do Celta Fortuna, fala en exclusiva para Celta Media na previa do derbi desta fin de semana. Mañá, sábado 11 de outubro ás 16:00h, no Campo Municipal de Barreiro, o equipo de Fredi Álvarez recibirá ao Ourense Cf. O filial celeste afronta o encontro con confianza tras unha serie positiva de vitorias e coa ilusión de sumar un novo triunfo en casa xunto á súa afección.
Na entrevista, Antañón, un dos nomes destacados neste gran inicio de tempada 25/26, comparte as súas sensacións sobre o derbi, o bo arranque do equipo, a dinámica no vestiario e a súa adaptación persoal á categoría. Ademais, lembra o seu recente debut co primeiro equipo no partido solidario “Xuntos contra ou lume”, disputado o pasado mércores, onde tamén se enfrontou a xogadores da provincia de Ourense e celebrou unha vitoria celeste.
Dálle ao play e escoita todo o que tivo que dicir Antañón antes deste derbi!