Fran Beltrán 236
Novas primeiro equipo

Fran Beltrán, terceiro xogador con máis partidos en Primeira co Celta

RC Celta

Fran Beltrán foi homenaxeado este domingo nos prolegómenos do encontro ante o FC Barcelona en Abanca Balaídos. O centrocampista de Seseña alcanzou, na pasada xornada ante o Levante UD no Ciutat de València, os 236 partidos en Primeira División defendendo o escudo celeste, unha cifra que lle permite superar a toda unha lenda do club como Alexander Mostovoi. Con este novo rexistro, Beltrán convértese no terceiro xogador con máis encontros na historia do Celta na máxima categoría, só por detrás de Iago Aspas (382) e Hugo Mallo (309).

O recoñecemento tivo lugar a pé de campo, ante a atenta mirada dos máis de 21.000 celtistas que agardaban o inicio do partido. Sergio Álvarez, conselleiro do Celta, foi o encargado de entregarlle unha camiseta conmemorativa como recoñecemento á súa traxectoria e compromiso co club celeste.

Desde que chegou á cidade olívica, Fran Beltrán gañouse o agarimo e o respecto de toda a afección grazas á súa dedicación e entrega por este escudo, e hoxe, convertido nun dos capitáns do primeiro equipo, é xa unha lenda e un exemplo tanto dentro como fóra do terreo de xogo.

Parabéns, Fran!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas