
O Celta Fortuna gáñalle ao Real Avilés no Román Suárez Puerta por 1-2. O filial celeste conseguiu remontar grazas aos tantos de Hugo González e Óscar Marcos e sumar tres valiosos puntos que lle permiten manterse firme na parte alta da táboa.
Durante a primeira metade, foi o Avilés quen golpeou primeiro cun cabezazo de Babin que puxo o 1-0. O equipo local controlou os tempos, amosouse sólido atrás e semellaba encamiñarse cara a unha vantaxe cómoda antes do descanso. Pero ao pouco, o Fortuna reaccionou. No minuto 37, Hugo González igualou o marcador cun disparo moi afastado que reavivou a esperanza celeste. A partir de aí, o filial empuxou con máis intensidade e xa na segunda parte, ao fío do asubío final, Óscar Marcos anotou o 1-2 definitivo, asinando unha remontada que parecía imposible tras o primeiro tempo.
O Fortuna suma así unha nova vitoria tras un encontro no que soubo sobrepoñerse con carácter e xustiza, levando un triunfo clave. Agora, os pupilos de Fredi Álvarez céntranse no seu próximo compromiso, coa intención de manter este impulso positivo.
FICHA TÉCNICA:
1 – Real Avilés: Álvaro Fernández, Babin, Bautista, Álvaro Santamaría (Cueto, min 85), Raúl Rubio, Borja Granero (Chukwuma, min 72), Alberto Cayarga, Algassimo Bari (Guzmán Ortega, min 78), Álvaro Gutiérrez, Eduard Campabadal e Menéndez.
2 – Celta Fortuna: Coke Carrillo, Jaime Vázquez, Hugo Burcio, Pablo Meixús, Hugo González (Mbaye, min 72), Álvaro Marín, Jan Oliveras (Gavián, min 58), Adrià Capdevila (David De la Iglesia, min 79), Somuah (Ángel Arcos, min 58), Germain Miller e Anxo Rodríguez (Óscar Marcos, min 72).
Goles: 1-0, min 29: Babin; 1-1, min 38: Hugo González; 1-2, min 90: Óscar Marcos.
Árbitro: Francisco Crespo Puente (colegio cántabro). Mostrou cartón amarelo a Borja Granero, Óscar Menéndez e Kevin Bautista, por parte do Avilés; e a Pablo Meixús, Anxo, Capdevila, Oliveras, Gavián e Óscar Marcos, por parte do Fortuna. Ademáis, sacou cartón vermello aos técnicos Joaquín Alonso e José Luis Deus.
Incidencias: Partido correspondente á Xornada 14 de Primeira Federación disputado no Román Suárez Puerta.