
O Celta avanza á seguinte fase da UEFA Europa League. Con a vitoria fronte ao Lille, o equipo segue vivo en competición europea e celebra un triunfo que vai máis alá do marcador, que fala de ambición e do que representan estes cores e este escudo. Belgrado aínda asoma no horizonte, pero o club enorgullécese de como navegou polos mares de ilusión e polas correntes de desafío que marcaron esta volta a Europa despois de oito anos. Sen esquecer nunca ao celtismo, que estivo sempre presente, na casa e fóra, dotando de verdadeira maxia as noites de xoves. O Celta avanza coa certeza de que esta viaxe se percorre xuntos, enfrontando cada onda con Afouteza e Corazón e co obxectivo claro de seguir conquistando portos.
Grazas, afección, por ser o faro desta travesía. Unidos, imos a por máis.