paok
Celtismo

Goza dos dezaseisavos de final da Europa League en Abanca Balaídos

RC Celta

O vindeiro xoves, 26 de febreiro ás 21:00 horas, Abanca Balaídos ten que vibrar como nunca antes. Partido de volta de dezaseisavos de final da Europa League que enfrontará novamente ao Celta e ao PAOK.

As entradas xa están dispoñibles no Portal do Celtista, cun período exclusivo de 24 horas para Carné Celtista. A partir de entón, as localidades poñeranse á venda para o público xeral a través da web oficial do club, así como, nos despachos de billetes do estadio. Os prezos das mesmas oscilan desde os 25€ para celtistas e desde 30€ para o público xeral.

Será unha noite decisiva polo que Abanca Balaídos ten que ser unha auténtica caldeira. Xuntos, equipo e afección, loitaremos para seguir deixando pegada en Europa!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas