
O Celta caeu por 1-2 ante o CA Osasuna nunha noite marcada polo mal tempo. Tras un inicio prometedor dos celestes, os navarros souberon aproveitar as súas chegadas con máis acerto para sumar os tres puntos, deixando ao Celta coa sensación dun dominio que non se traduciu no marcador.
Desde o primeiro pitido, o Celta fixo seu o xogo e buscou impor o seu ritmo ante un Osasuna que agardaba as súas opcións ao contragolpe. Os vigueses combinaron con criterio e xeneraron aproximacións polas bandas, aínda que sen atopar a profundidade necesaria para inquietar con claridade. E cando a primeira parte xa parecía resistirse ao gol, un envío lateral medido atopou a Budimir no corazón da área, que cabeceou con precisión para adiantar aos rojillos antes do descanso.
A reanudación trouxo vida para os de Claudio Giráldez, quen tras o paso polos vestiarios viron como o árbitro sinalaba penalti a seu favor despois dunha acción revisada polo VAR. O gañador do Premio Manuel de Castro Handicap by Estrella Galicia 2025, Borja Iglesias, sería o encargado de lanzalo e non fallaría desde os once metros para poñer o 1-1 e acender de novo Abanca Balaídos.
Coas táboas, o partido entrou en fases de ida e volta. Non obstante, a metade do segundo tempo, Osasuna volveu golpear a través dun centro desde a dereita que atopou a Raúl García de Haro, ben posicionado, para bater a portería celeste e devolver a vantaxe ao seu equipo. Nos minutos finais, o Celta intentouno con ímpeto e centros á área, pero non atopou o tanto que obrigase, polo menos, ao empate.
O resultado non reflicte totalmente o dominio do Celta, que foi superior en tramos amplos do encontro pero pagou caro a súa falta de eficacia no último tramo. A pesar deste tropezón, os vigueses mantéñense na loita polos postos europeos e xa teñen a vista posta na próxima saída, un duelo ante o RCD Espanyol en Cornellà que se disputará o 14 de febreiro ás 14:00h.
FICHA TÉCNICA:
1 – Celta: Radu; Javi Rodríguez, Carl Starfelt, Marcos Alonso; Javi Rueda (Óscar Mingueza, min.67) Ilaix Moriba, Miguel Román, Sergio Carreira (Jones El-Abdellaoui, min.83); Fer López (Iago Aspas, min.83), Hugo Álvarez (Williot Swedberg, min.67) e Borja Iglesias (Ferran Jutglà, min76).
2 – Osasuna: Sergio Herrera; Rosier, Boyomo (Jorge Herrando, min.31), Catena, Javi Galán; Aimar Oroz (Moi Gómez, min.87), Iker Muñoz; Rubén García (Asier Osambela, min.70), Víctor Muñoz, Raúl Moro (Bretones, min.87); Budimir (Raúl García, min.70).
Goles: 0-1, min.35: Budimir (Raul Moro); 1-1, min.53: Borja Iglesias, de penalti; 1-2, min.79: Raul Garcia (Alejandro Catena).
Árbitro: José Luis Munuera (Comité andaluz). Amonestou a Javi Rueda (min.56) e Carreira (min.78) por parte do Celta, e a Rubén García (min.45) por parte de Osasuna.
Incidencias: Encontro correspondente á xornada 23 da LaLiga EA SPORTS, disputado en Abanca Balaídos ante 18.705 espectadores.