CLINICS

Inscripcións abertas para os CLINICS CELTA de Semana Santa 2026

RC Celta

Xa están abertas as inscricións para os CLINICS DE SEMANA SANTA 2026 organizados polo CELTA que durante 3 días levarán a cabo por diferentes sedes repartidas pola xeografía galega: luns 30 de marzo, martes 31 de marzo e mércores 1 de abril.

As sedes confirmadas son as seguintes:

  • A Madroa (Vigo) – Luns, martes e mércores.
  • A GUARDA (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
  • CALDAS DE REIS (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.
  • MILLADOIRO (A Coruña) – Luns, martes e mércores.

CAMBADOS (Pontevedra) – Luns, martes e mércores.

Na sede da Madroa, tamén teremos a modalidade de CLINIC PORTEIROS SERGIO ÁLVAREZ (para a posición específica de porteiros) e CLINIC AS CELTAS (exclusivamente feminino), durante os 3 días.

Anímate a gozar do teu deporte favorito adestrando segundo a metodoloxía da canteira do CELTA, equipo de fútbol máis representativo da nosa comunidade e cunha gran reputación na formación de xogadores novos tanto a nivel nacional como internacional. Esta eficaz formación futbolística irá acompañada de aprendizaxes referentes á educación persoal, e moita diversión como debe corresponder a esta época vacacional.

Un AGASALLO DE SEMANA SANTA excepcional que fará feliz a moitos nenos/as que sexan apaixonados do fútbol e do CELTA

Todos os participantes recibirán como regalo unha BOLSA CELTISTA que inclúe gymsac, camiseta conmemorativa do CLINIC, pulseira e postal de xogador do CELTA.

As prazas son limitadas así que non dubides en anotarte canto antes para asegurarte a praza e gozar ao grande do futbol da man do RCCELTA. As inscricións estarán abertas ata o XOVES 19 de Marzo.  A través da propia web do CELTA poderás tramitar a inscrición en sinxelos pasos guiados.

Más de 20 anos de experiencia na organización deste tipo de actividades aválannos con excelentes resultados recoñecidos por todos os participantes.

Para obter máis información sobre os clinics e tramitar as inscricións débese acceder AQUI.

RC Celta

Etiquetas

CLINICS

Noticias recomendadas