Miguel
Novas primeiro equipo

Miguel Román sofre unha fractura na base do quinto metatarsiano do seu pé esquerdo

RC Celta

Durante unha acción no adestramento realizado esta mañá na Cidade Deportiva Afouteza, Miguel Román notou unha forte dor no seu nocello e pé esquerdo. Tras realizárselle unha radiografía para descartar unha posible lesión ósea, as probas confirmaron unha fractura na base do quinto metatarsiano.

O xogador será sometido a tratamento cirúrxico e a intervención está prevista para os próximos días. En función da súa evolución, o tempo estimado de baixa será de entorno a 3 meses.

Ánimo, Miguel!

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Noticias recomendadas