
Seis futbolistas do primeiro equipo do Celta foron convocados polas súas seleccións para disputar partidos de clasificación para o próximo Mundial e a Eurocopa Sub-21. Trátase de Andrei Radu, Borja Iglesias, Carl Starfelt, Williot Swedberg, Fer López e Jones El-Abdellaoui que se atopan concentrados cos seus respectivos combinados nacionais. Este é o calendario completo:
Borja Iglesias (España):
- Venres 27/03: España vs Serbia (21:00h.) Estadio La Cerámica
- Martes 31/03: España vs Exipto (21:00h.) RCDE Stadium
Andrei Radu (Romanía):
- Xoves 26/03: Turquía vs Romanía (20:00h.) Tüpraş Stadyumu (Eliminatorias Copa do Mundo – Semifinal)
Carl Starfelt e Williot Swedberg (Suecia):
- Xoves 26/03: Ucraína vs Suecia (20:45h.) Estadio Ciudad de Valencia (Eliminatorias Copa do Mundo – Semifinal)
Jones El-Abdellaoui (Marrocos sub-23):
- Xoves 26/03: Marrocos vs Costa de Marfil (20:00h.) Mohammed VI Football Academy (Salé)
- Fer López (España sub-21):
- Venres 27/03: Chipre vs España (16:00h.) AEK Arena (Clasificación UEFA EURO U-21)
- Martes 31/03: España vs Kosovo (19:00h.) Centro Deportivo Alcalá de Henares (Clasificación UEFA EURO U-21)
O Celta deséxalles o maior dos éxitos en todos os seus compromisos internacionais e mostra o seu orgullo ante unhas convocatorias que son o reflexo do traballo e o nivel do plantel celeste.