miguel
Novas primeiro equipo

Miguel Román, un paso máis preto da súa recuperación

RC Celta

Miguel Román continúa dando pasos na súa recuperación e xa empezou a realizar exercicios na cinta antigravitatoria de FREMAP, hospital vigués ao que o club agradece a cesión da máquina AlterG.

Da man dos servizos médicos do Celta, o centrocampista entra nunha nova fase da súa rehabilitación, utilizando a máxima tecnoloxía clínica cunha máquina antigravidade que permite adestrar a marcha e o movemento, reducindo o impacto corporal grazas a súa cámara presurizada que evita xerar sobrecarga.

O mozo gondomareño foi operado o pasado mes de marzo dunha fractura na base do quinto metatarsiano do seu pé esquerdo, unha lesión que sufriu durante unha sesión preparatoria na Ciudad Deportiva Afouteza e que o manterá afastado dos terreos de xogo durante en torno tres meses.

RC Celta

Etiquetas

Novas primeiro equipo Primeiro Equipo

Siguiente noticia

Noticias recomendadas