info3
Celtismo

Todos os horarios para que este sábado goces ao máximo do Celta-Sevilla!

RC Celta

Abanca Balaídos acollerá este sábado 23 de maio, ás 21:00h., o encontro que enfronta nesta última xornada de Laliga EA Sports ao Celta contra o Sevilla FC. Para todos os celtistas que acudades ao estadio para apoiar ao equipo, aquí facilitámosvos información que pode ser do voso interese:

Apertura de portas:

As portas do estadio abrirán ás 19.45 horas. Para evitar aglomeracións e atrasos na entrada, recoméndase a todos os asistentes acceder polo menos 40 minutos antes do encontro. A tempada pasada incorporamos o chip de proximidade nos carnés para facilitar a súa lectura, alén do NFC do teu carné dixital dispoñible na App. Poderase acceder ata as 22:30h.

Documentos de acceso:

Todos os asistentes deberán ter un documento de acceso para entrar ao estadio, incluso os máis pequenos, independentemente da súa idade. Devanditos documentos poderán ser:

· Carné de abonado de calquera categoría. En caso de non ter o abono físico, poderase acceder co carné dixital que xa se pode descargar no portal do celtista.

· Entrada do partido.

· Carné Miudiño.

Lémbrase que os carnés de abonado son intransferibles nas súas distintas categorías e, por tanto, só poderán ser utilizados polo seu titular, fóra do Carné celtista abonado en categoría Adulto que é transferible menos na bancada de Marcador Baixo.

Poderase solicitar documento acreditativo da persoa con carné intransferible para poder acceder, denegando o acceso no caso de que non coincida o titular.

Atención de incidencias:

O club pon ao dispor de todos os espectadores un servizo de incidencias con entradas ou carnés que estará habilitado nos despachos de billetes do estadio, desde a apertura de portas e ata o comezo do partido. No entanto, lémbrase a todos os abonados que desde o portal do celtista ou desde a App poden descargarse o abono dixital ou actualizalo.

Non se farán duplicados de carnés desde as 17.00 horas en diante.

Apertura dos despachos de billetes:

Os despachos de billetes estarán abertas desde as 10.00 ata o comezo do encontro. No entanto, para maior comodidade recoméndase consultar dispoñibilidade e comprar as entradas na web do Celta.

Apertura da tenda oficial do estadio:

A tenda oficial do estadio abrirá este sábado de xeito ininterrompido, de 10.00 a 22:00h.

Tour Especial Fin de Tempada:

Vive o último día de tempada desde dentro con este tour especial por Balaídos e o Museo Celta. Percorre o vestiario, túnel, bancos e revive os mellores momentos do ano nunha experiencia libre, dinámica e inmersiva. Entradas desde 4€ dispoñibles na web ata esgotar dispoñibilidade.

Museo Celta:

O Museo Celta abrirá as súas portas unha vez finalicen os tours dese día, de 17.00 a 20.30 horas ofrecendo aos visitantes a oportunidade de coñecer a historia e o patrimonio do club a través das súas exposicións e contidos interactivos, podes adquirir a túa entrada desde a páxina web ou na recepción da Área Celtista.

Servicio de consigna para carriños de bebé:

Para que os celtistas máis pequenos poidan acompañar aos seus papás, mamás, avós ou avoas a animar ao seu equipo, o Celta pon ao dispor dos afeccionados un servizo gratuíto de consigna para deixar os carriños de bebé mentres están no interior do estadio.

Este servizo estará habilitado na bancada de Tribuna, ao lado do local da Federación de Peñas, entre as portas 10 e 11 de Tribuna, desde a apertura das portas de Abanca Balaídos e ata 15 minutos despois da finalización do encontro.

Este sábado, gocemos todos xuntos da última xornada da tempada!

RC Celta

Etiquetas

Celtismo

Noticias recomendadas