20260419_CELTA_JUVENIL_XVA-04825
A Canteira

Así será o calendario do Xuvenil A na tempada 26/27

RC Celta

O Xuvenil A xa coñece o calendario da tempada 26/27, unha campaña que suporá o inicio dunha nova etapa con Juan Recondo á fronte do conxunto celeste.

A competición arrincará na casa a fin de semana do 6 de setembro, onde o Xuvenil A enfrontarase ao SD Solares-Medio Cudeyo na xornada inaugural. A partir de aí, os canteiráns afrontarán un esixente percorrido que concluirá arredor do 2 de maio, cando reciban ao Real Sporting de Gijón para disputar a última xornada do campionato.

Con todos os enfrontamentos xa definidos, non os perdas e consulta o calendario completo con todos os partidos da vindeira tempada, AQUÍ.

RC Celta

Etiquetas

A Canteira Novas canteira

Noticias recomendadas